3/10/2009

Presentación do libro AS MULLERES NOS PARTIDOS POLÍTICOS. O CASO GALEGO, de Eugenia Rey Bouzas a cargo da Presidenta do Forum, Paloma Rodríguez

O día 27 de febreiro presentouse en Ferrol, na Galería Sargadelos, o libro de Eugenia Rey Bouzas “AS MULLERES NOS PARTIDOS POLÍTICOS. O CASO GALEGO” editado por EMBORA.

Un libro indispensable para quen quere saber sobre as mulleres nos partidos políticos.
A temática elexida para a investigación de Eugenia Rey, a participación das mulleres nos partidos políticos, resulta de especial significación para introducir o el principio de igualdade en todos os ámbitos sociais, pois é a partires da política como a igualdade se concreta na vida das persoas.

Este traballo de investigación foi realizado de forma minuciosa e exhaustiva e reflicte de maneira clara, concreta e precisa non só a situación actual das mulleres no entramado dos partidos políticos, senón a evolución que esta inserción feminina na política sufriu durante os últimos anos. E tamén a forma na que esa participación retroalimenta e se relaciona co crecente posicionamento dos propios partidos a favor da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Trátase dunha investigación de obrigada lectura para os partidos, para as mulleres, para a política e para a cidadanía en xeral que da conta de cómo o feminismo está en condicións de influir decisivamente na acción política.

Sen embargo falar únicamente de logros conseguidos e de avances en materia de igualdade, sen dúbida importantes e significativos, sen mencionar os retos pendentes de futuro non pode ser máis que unha ilusión triunfalista non acorde coa realidade.

É certo, e así se reflicte na investigación de Eugenia Rey, que as mulleres no noso país e do noso entorno foron salvando paulatinamente os obstáculos para participar en organizacións políticas, sindicais ou calquera outra constituida formalmente consideradas ata fai relativamente pouco tempo fortalezas masculinas inexpugnables.

O problema xurde cando as mulleres tratan de integrarse naquelas organizacións informais nas que realmente se distribue o poder, o prestixio e os recursos. Os factores examinados e descritos pola autora van desde o marco legal existente, a cultura interna igualitaria ou non de cada partido político, o sistema de partidos en sí mesmo ou a existencia nos mesmos de políticas de xénero.

No hay comentarios: