7/28/2008

O FEMINISMO É XUSTIZA

A directiva do Forum Galego de Política Feminista estará de vacacións durante o mes de agosto. Sen embargo, as demandas do movemento feminista, as nosas demandas, non pechan por vacacións:

Porque é de xustiza que as mulleres obteñan o mesmo salario por traballos de igual valor.

Porque é de xustiza abortar con seguridade e cunha lei progresista e respectuosa cos nosos corpos.

Porque é de xustiza que non se comercie coas mulleres e as sociedades camiñen cara a abolición da prostitución.

Porque é de xustiza denunciar que os símbolos relixiosos que implican a subordinación das mulleres deben desaparecer.

Porque é de xustiza corresponsabilizarse das tarefas do coidado e desasignalas en exclusividade ás mulleres.

Porque é de xustiza traballar a prol das mulleres en situacións de maior vulnerabilidade social.

Porque é de xustiza loitar por un futuro en igualdade para as nenas e as mozas.

Porque é de xustiza que poñamos en marcha tódolos mecanismos para rematar coa violencia machista para que non haxa nin unha vítima máis.

Porque é de xustiza que a xustiza asuma que un maltratador, un acosador ou un violador son sempre e en todo caso, delincuentes.

Porque é de xustiza non esixir ás mulleres heroicidades que poñan en perigo as súas vidas ante calquera agresión.

Porque é de xustiza defender que cando as mulleres din non, non queren dicir que sí.

Porque é de xustiza axudar a unha nai maltratada a protexer á súa filla, grazas, Ana Míguez.

Porque este verán, coma tódolos veráns, o movemento feminista traballa arreo para ampliar os horizontes da democracia e implementar de forma efectiva o principio de igualdade. A nosa loita nunca murcha e sempre agroma, a pesares das inclemencias e dos atrancos, do pedrizo e da mala herba. A nosa loita é de xustiza.

2 comentarios:

Rosa Gómez Limia dijo...

Existen todas esas injusticias que enumeras y muchas otras que por precaución y dignidad no se pueden reproducir por escrito pero que tu, yo y muchas otras personas las conocemos y combatimos durante todos los días de nuestra vida, incluso en vacaciones. Salud, paz, y no a la violencia
www.teensespolaigualdade.org

Rosa Gómez Limia dijo...

É de xustiza todo o que ti dís e moitas cousas máis que por vergoña non se poden insertar nunha páxina escrita, pero que ti, eu e moitas maís persoas sabemos moi ben e polo que temos que estar a combatir todos os días da nosa vida, mesmo tamén en vacións.
www.teensespolaigualdade.org