5/22/2008

ANA SÁNCHEZ BELLO, MEMBRA DO CONSELLO DO SERVIZO GALEGO DE IGUALDADE


A nosa amiga e Vicepresidenta Ana Sánchez Bello ven de ser nomeada Vogal do Consello do Servizo Galego de Igualdade. Tanto Ana Sánchez coma as outras persoas designadas son descritas do seguinte xeito no DOGA:
"Todas elas incorporan no seu traballo a perspectiva de xénero, pero tamén outras igualmente necesarias para o traballo a prol dunha sociedade máis igualitaria e sustentable como a ecolóxica e o apoio aos movementos sociais. Son tamén persoas referentes noutros organismos e organizacións e, por tanto, interlocutoras de privilexio da Administración galega coa sociedade civil."
Pola nosa banda, engadimos o noso coñecemento do seu bó facer e profesionalidade e felicitámola agarimosamente

No hay comentarios: