6/06/2006
















O día 5 de xuño, O Forum Galego de Política Feminista xunto co Concello de Fene organizaron unha charla da Catedrática de Filosofía Moral e teórica feminista Celia Amorós Puente en torno ao tema: "Multiculturalismo e feminismo".
O acto tivo lugar na Casa da Cultura do Concello de Fene.

6/05/2006

Actividades do Forum Galego de Política Feminista:

3 de maio de 2006, no Salón de Graos da Facultade de Socioloxía (Campus de Elviña, A Coruña)

17.30 hs.
PRESENTACIÓN DO LIBRO A CARGO DE BEGOÑA SAN JOSÉ
FORUM DE POLÍTICA FEMINISTA
18.30 Hs.
MESA REDONDA
POLÍTICAS FEMINISTAS E PARIDADE EN GALICIA

INTERVEÑEN:
LAURA SEARA (PSOE)
TAREIXA NOVO(BNG)
SUSANA LÓPEZ ABELLA (PP)
YOLANDA DÍAZ (EU)

ASOCIACIÓN DE MULLERES
“FORUM GALEGO DE POLÍTICA FEMINISTA”

O “Forum Galego de Política Feminista” é unha asociación de mulleres. Os principios que inspiran esta asociación susténtanse na necesidade de profundizar e aplicar os postulados feministas que tentan de acadar a igualdade de mulleres e homes en dereitos, en oportunidades reais no libre desenvolvemento persoal e social, no impulso da calidade de vida das mulleres.

É unha asociación de carácter feminista sen ánimo de lucro, de ámbito autonómico e de carácter laico cuxa principal característica é a pluralidade xa que está formada por mulleres militantes de diferentes formacións políticas e sindicais e por mulleres políticamente independentes.

O Forum Galego de Política Feminista ten como obxectivos:
- Fomentar o coñecemento e o debate da normativa e as actuacións políticas dirixidas a mellorar a situación das mulleres e das que aínda sendo aparentemente neutras, afectan ao desenvolvemento persoal e social de homes e mulleres.
- Facer partícipes ás mulleres e ás asociacións de mulleres dos avances na consecución da igualdade de oportunidades.
- Impulsar acordos para acadar a igualdade de oportunidades entre mulleres de diversas ideoloxías políticas.
- Fomentar a participación paritaria das mulleres nas decisións políticas.
- Profundizar no estudo e na práctica da teoría feminista.