6/05/2006

ASOCIACIÓN DE MULLERES
“FORUM GALEGO DE POLÍTICA FEMINISTA”

O “Forum Galego de Política Feminista” é unha asociación de mulleres. Os principios que inspiran esta asociación susténtanse na necesidade de profundizar e aplicar os postulados feministas que tentan de acadar a igualdade de mulleres e homes en dereitos, en oportunidades reais no libre desenvolvemento persoal e social, no impulso da calidade de vida das mulleres.

É unha asociación de carácter feminista sen ánimo de lucro, de ámbito autonómico e de carácter laico cuxa principal característica é a pluralidade xa que está formada por mulleres militantes de diferentes formacións políticas e sindicais e por mulleres políticamente independentes.

O Forum Galego de Política Feminista ten como obxectivos:
- Fomentar o coñecemento e o debate da normativa e as actuacións políticas dirixidas a mellorar a situación das mulleres e das que aínda sendo aparentemente neutras, afectan ao desenvolvemento persoal e social de homes e mulleres.
- Facer partícipes ás mulleres e ás asociacións de mulleres dos avances na consecución da igualdade de oportunidades.
- Impulsar acordos para acadar a igualdade de oportunidades entre mulleres de diversas ideoloxías políticas.
- Fomentar a participación paritaria das mulleres nas decisións políticas.
- Profundizar no estudo e na práctica da teoría feminista.

1 comentario:

Nina Infante Castrillo dijo...

Hola a todas, me ha dado mucha alegria ver el blog y veros a vosotras.
En Valladolid tamtien tenemos web:
www.forofeminista.org cuando queráis podeis ver algunas de nuestras actividades.
Esto es más fácil que viajar.
un abrazo a todas.
Nina Infante Castrillo